martes, 16 de noviembre de 2010

Bancos de Recursos: Vectores, imaxes, sons,...

Internet é unha boa plataforma de comunicación para difundir e arquivar todo tipo de contido multimedia.

Existen os chamados bancos de recursos nos que se almacenan e clasifican medios como imaxes, sons, tipos de letra, vectores, etc... de xeito que o usuario, ben de forma gratuíta como de pago, e con innumerables tipos de licenzas, accede a ese recurso para utulizalo no seu propio proxecto.

Open Clip Art Gallery. Un sitio web que contén unha inxente cantidade de deseños e gráficos vectoriais ofrecidos de forma libre pola e para a comunidade. O formato no que están os deseños é o formato libre SVG.

Banco de imaxes. Un espacio web do Ministerio de Educación e Ciencia que nos ofrece miles de imaxes vectoriais e de mapa de bits (asemade, sons e incluso vídeos) libres de dereitos de autor para que poidades empregar do xeito que máis os guste.

De logo a logo. Manual sobre o uso de Inkscape e centrado sobre as súas posibilidades no campo do deseño de logotipos realizado por Joaclint Istgud.

Brandnew. Páxina en inglés que amosa os cambios nos deseños dos logotipos de innumerable empresas, grupos, comercios, etc... ó longo do tempo.

Brands of the World. Páxina en inglés que recolle innumerables logotipos de marcas de todo o mundo. Se presentan vectorizadas e listas para usar.

Os 10 mellores logotipos nunha banda de rock segundo a revista Rolling Stone.

Vectors for Free. Unha extensa colección de imáxenes vectoriais gratuítas para empregar nas vosas creacións. En inglés.

Logotypes. Outra páxina repleta de logotipos das principais marcas do mundo. É unha páxina rusa, pero poño o enlace á súa versión en inglés. Xa ten os seus anos.

LETRAMANIA. Miles de tipos de letra para descargar de forma gratuíta.

Firebug: Crea os teus propios videoxogos

Firebug é un entorno que nos permite personalizar unha serie de minixogos programados en flash, de modo que poderemos incluso liberalos na rede para que os nosos amigos o usen.

Eiquí tes a reseña extraída de NEOTEO, e se queres ir directamente ó choio, pulsa en Firebug, crear xogos. Ouch, tamén está en inglés.


Exemplo feito co Fyrebug: TIC Balanza.

Fai medrar os Tics co rato e equilibra a balanza da cafetería de South Park.


Click here to make your own game on Fyrebug.com


Exemplo feito con Fyrebug: Tic Brick
Elimina aos malvados TICs coa túa supercabeza antes de que invadan a Galaxia.


Click here to make your own game on Fyrebug.com


Exemplo feito co Fyrebug: Tic Bunker
Defende a illa violeta do estrano ataque combinado dos Tics renegados, os pavos e as tartas.


Click here to make your own game on Fyrebug.com

lunes, 15 de noviembre de 2010

O Xogo da Semana: Wake Up the Box

¡Desperta á caixa!

Un xogo de físicas no que deberás manipular o entorno, colocando elementos nese espacio, de xeito que despertes ás durmidas caixas.

Os obxectos obedecerán ás leis físicas, como gravidade, fricción, etc...



¡E de regalo, Wake Up the Box II!