jueves, 10 de febrero de 2011

O Xogo da Semana: Soccer Ball

Nesta semana imos a disfrutar doutro novo xogo de dinámicas, ambientado nesta ocasión en torno ó Deporte Rei.

Usa as traxectorias do esférico para golpear ó árbitro ou para pasar a pelota a un compañeiro. Tenta de non perder o balón, nin que saia da pantalla ou caia nos pinchos ou similar.

Cada nivel poder gañar ningunha, unha, dúas ou tres estrelas de ouro. A ver quen o fai mellor.

Xoga pulsando aquí:

miércoles, 9 de febrero de 2011

pracTICa 10: Xtranormal.

Nesta nova pracTICa a vosa tarefa será utilizar o programa online Xtranormal para xerar unha breve animación que poderedes usar para expresar algún destos contidos:

- Relatar unha lección dalgunha asignatura da vosa clase.
- Falar dunha afición ou personaxe que vos guste.
- Contar unha fábula, parodia, relato corto, monologo ou chiste.
- Expresar unha opinión ou ideal.
- Etc

Pensade que unha vez máis teño que insistir en que sexades coidadosos e que fagades o traballo con interés e con mimo, tal como corresponde ó alumnado do bacharelato, non de 5º da ESO.

Como os monecos falan, tende especial coidado en engadir pausas entre frases ou de momdo que resalten unha verba dada.

lunes, 7 de febrero de 2011

Xtranormal: Fai as túas propias curtas na rede

Se podes escribilo, podes facelo.



Ese é o lema da aplicación que presentamos, Xtranormal, un entorno en flash que nos permitirá facer as nosas propias creacións audiovisuais.


Ainda que a interface está en idioma inglés ou francés (polo de agora, pois é unha beta), é doada de comprensión e manexo, quedando as nosas posibilidades creativas únicamente limitadas pola nosa imaxinación.


Como decía máis arriba, con Xtranormal o lema é: "se podes escribilo, podes facelo".
Utilizando unha serie de guións, dotarás de animación e vida a unha serie de persoaxes para poder facer posible a película, ou curta, ou chiste visual, que sempre desexaches narrar.


Require rexistrarse.


Eiquí tes unha breve reseña do programa dende a páxina NEOTEO e de cómo utilizala. Ainda que está en inglés ou francés, os monicreques poderán falar en diversas linguas. Sí, poden falar!


Ten o problema de que ás veces ten un proceso de carga un tanto lento, pero tendo en conta que a aplicación é totalmente online, é compresible.


Vaite familiarizando coa aplicación de cara a facer unha creación no futuro.


Un exemplo das posibilidades da aplicación.