jueves, 9 de diciembre de 2010
Palabras na Rede: WTF!
WTF é unha expresión que ven a ser o acrónimo de What The Fuck en inglés. Unha expresión malsoante que ven a vir dicindo algo parecido ó galego "¿Pero qué carallo?". É dicir, unha interxección utilizada cando algo nos sorprende.
Utilízase en foros, servizos de mensaxería ou chats e blogs sobre todo, especialmente cun carácter divertido e venial.
A súa popularidade abrangue toda a rede, e se utiliza en case todos os idiomas, tamén na rede de fala hispana.
Para saber máis:
- WTF's no Blog Microsiervos. Unha colección de loucuras e chorradas cunha componente de sorpresa
- WTF na Wikipedia e na Frikipedia.
Palabras na Rede: OWNED e FAIL
Owned é unha expresión de orixe americano que proven da verba "Own", que significa "propio" ("owned" sería propiedade, como algo que se posúe). Como verbo tamén pode significar ter, posuír, recoñecer ou confesar.
En internet ten un significado completamente diferente. Significa facer o ridículo, quedar en evidencia ou ser obxecto da burla dos demáis, case sempre por un error noso. Tamén cando tentamos aparentar algo ou enganar a alguén e somos descubertos.
A orixe deste término dise que ven dos remotos anos 90 de cando unha persona pirateaba un servidor alleo, que ás veces firmaba o seu traballo con owned, co significado de "te teño", referíndose ós arquivos do servidor.
Tamén a fináis dos 90 comezou a popularizarse a expresión nos xogos en rede, similares ó World of Warcraft cando un xogador mataba a outro e se apoderaba dos seus bens, armas, ouro ou o que fose.
Así pois, a verba evolucionou ata o que é hoxe en foros, chats e blogs, unha expresión que se utiliza para resaltar que alguén foi sorprendido nun engano, cando alguén fai o ridículo,... unha especia de "quedarse contigo" do noso idioma.
Pouco a pouco foi tomando tamén un sesgo escatolóxico, polo que é frecuente atopar esa expresión firmando fotos de xente en estados de embriaguez, posturas indecorosas ou situacións humillantes.
O que ownea
Grazas á personaxe dos Simpson, aquel que se burla de alguén que é "owned" utilízase a expresión "facer un Nelson".
Hai unha última acepción que é o Failed, (fallado, fracasado), agregándolle ó verbo do fracaso a expresión Owned.
Dase cando alguén tenta facer algo, especialmente con intención de chulearse e faino mal ou fracasa, facendo que a xente se burle especialmente del. Isto sucede moito cando alguén quere presumir de bens materiais, como motos, coches, etc...
Algo parecido ó que nós chamaríamos unha "cagada", máis ou menos.
Videos de fails - owneds
ç
¿E a tí, ownearonche algunha vez? ¿Tiveches algun fail?
¿Queres compartir no teu blog algún vídeo gracioso de fails?
Para saber máis:
O Wikcionario di de OWNED: É usado cando unha persoa queda humillada públicamente, ou cuando algo sae mal. Tamén é usado cando alguén perde contra un contrincante, él di "owned".
Owned na Frikipedia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)