jueves, 28 de abril de 2011

Gimp: Planeta TIC


Este tipo de planetoides pódense facer en Gimp de forma moi sinxela.

Primeiro deberemos partir dunha imaxe panorámica na que aparezan ben definidos o chan e o ceo e a liña do horizonte.

Unha vez axustados detalles como facer que a imaxe encaixe polos extremos mediante o uso do tampón de clonar e o comando Desplazamento (Capa-> Transformar -> Desplazamento)

Procederemos a axustar as dimensións da foto para que sexa cadrada, por exemplo aumentando a altura.

Xiramos 180º a imaxe (Imaxe->Transformar->Rotar 180º)

Aplicamos o filtro de coordenadas polares. (Filtros-> Distorsiones -> Coord. Polares)

Se lle dan os retoques finais, ben recortando a foto ou enchendo o fondo da foto cunha nova imaxe de nubes ou similar.