Isto é un ordenador.
Segundo a definición trátase dunha máquina dixital e electrónica capaz de procesar información seguindo instruccións almacenadas en programas .
Esa definición tan fría faille pouco favor a este trebello que tanto usamos na nosa vida moderna, dende o uso personal ó uso máis social e global.
Nesta ocasión o traballo que vos pido é unha análise do uso que facedes no cotiá dos ordenadores. Cando chegas a casa, se tiveses todo o tempo do mundo. ¿Que uso fas do ordenador? ¿Úsalo para conectarte a redes sociais a través de internet? ¿Para redactar traballos ou buscar información? ¿Ver e ordenar as fotos? ¿Xogar? ¿Deseño? ¿Ve-lo periódico, escoitar música o ver unha película ou videos en streaming? ¿Descargar contidos?
Hai tantas e tantas cousas que se poden facer cun ordneador hoxe en día,... describe os usos que lle das, as razóns que te levan a facelo e as ventaxas e inconvintes que lle ves ó asunto.
Fala tamén da túa primeira experiencia cun ordenador, mesmo se lembras o primeiro ordenador que tiveches, si es que tes algún.
E describe tamén o que te gustaría aprender a facer cun ordenador, ou as posibilidades de futuro que lle ves.
Lembra coidar a redacción do teu traballo e darlle unha coherencia e extensión adecuada para ser un traballo dun nivel como primeiro de bacharelato.
Valoraranse as reflexións maduras e ben levadas, a corrección gramatical e o contexto xeral do escrito.
Publicaredes este texto, dunha extensión media, no voso blog, baixo o nome que ten esta mesma entrada. Lembrade elaborar un texto ó nivel que se se espera de vos coma alumnos de bachallerelato, cunha certa seriedade e corrección.
Fecha máxima de entrega, Mércores 2 de Febreiro.
miércoles, 26 de enero de 2011
martes, 25 de enero de 2011
O Xogo da Semana: Shot Shot Pirate
Benvidos de volta ós xogos da semana. Despois do duro traballo ímonos a relaxar cun pouco de divertida violencia gratuíta.
Neste caso o noso heroe deberá facer que o diamante caiga ó chan cos séus cañonazos.
Temos tres tipo sde bolas de canón. A bola simple, a bola pesada e a bola explosiva. Úsaas con sentidiño. E sobre todo, ¡Non fagas trampas mirando a solución!
Xoga aquí:
SHOT SHOT PIRATE
Neste caso o noso heroe deberá facer que o diamante caiga ó chan cos séus cañonazos.
Temos tres tipo sde bolas de canón. A bola simple, a bola pesada e a bola explosiva. Úsaas con sentidiño. E sobre todo, ¡Non fagas trampas mirando a solución!
Xoga aquí:
SHOT SHOT PIRATE
Suscribirse a:
Entradas (Atom)