miércoles, 16 de febrero de 2011

Marketing Viral en "Gran Hermano"?

Recentemente saltou á rede un episodio de ¿galegofobia? vivido no reality show por excelencia, o "Gran Hermano" de Endemol e T5, que é considerado por dito colectivo como Publicidade Viral dentro dun discurso antigaleguista (máis ou menos), en clave de humor ó observar abraiados as declaracións da coruñesa.

Galeleaks (versión humorísticogaleguista de wikileaks) faise eco deste evento. Para acceder pulsa AQUÍ.





Máis exemplos de Publicidade Viral, AQUÍ. E un estudio ó respecto AQUÍ.

Por suposto, non se trata realmente de marketing viral, senón a opinión (equivocada, poor certo) da concursante. Pero o colectivo galeguista, abraiado ante as declaracións da galega, xogan coa retranca de decir que soamente tales barbaridades poden ser froito dos colectivos castelanistas.

Exemplos de animacións feitas co GoAnimate

GoAnimate.com: Ryu va a la sauna by Pascual

Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!

martes, 15 de febrero de 2011

Anímate con Goanimate

Esta semana imos xogar co GoAnimate, un servicio web que nos permitirá facer debuxos animados nun periquete, e incluso tunear a unha personaxe para que se pareza a nós.
Ainda que está en inglés, é moi intuitivo e visual, en ten moreas de opcións.

Os resultados pódense publicar na rede ou directamente nalgúns dos máis populares servizos de comunidade, como Facebook e similares.

Hay que rexistrarse para poder utilzalo, o que requerirá que usedes a conta de correo electrónico que creádeches para a asignatura en gmail.

Accedede dende eiquí: GoAnimate

Podedes atopar máis información sobre a aplicación e tutoriais na rede tecleando "goanimate" no teu buscador favorito.

GoAnimate.com: Presentación by Pascual

Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!

A tarefa.

O que tendes que facer é redactar un traballo para unha das asignaturas que cursades, utilizando en vez da narrativa habitual unha animación feita co GoAnimate.

Por exemplo, en Economía podedes explicar os dereitos do traballador, ou en Música a vida de tal compositor, ou os pasos que ten unha sinfonía, ou en Grego podedes falar das declinacións,etc... as posibilidades son infinitas.

Antes de acometer o proxecto, tendes que explicarme o que queredes facer para ver se é viable. Lembrade que se trata dun traballo de primeiro de bacharelato, circunscrito ó contexto do instituto, polo que deberedes coidar tanto a linguaxe empregada (palabrotas non) como a ortografía.

Ah, sería interesante que o traballo sexa visto tamén polo profesor encargado da asignatura en cuestión. O ideal sería que fose por si mesmo un traballo como calquera outro que facedes a cotío, puntuable e todo iso,... pero supoño que moitos profesores non están preparados aínda para o multimedia, ainda que quizá nos sorprendería.

Por último, insistir en que coidedes a calidade do traballo, sen copias descaradas da primeira referencia que atopades no google, e coa suficiente profundidade para que non pense que en realidade isto é 5ª da ESO.

Veña, sorprendédeme. Adiante coa creatividade ;)