jueves, 28 de abril de 2011

Gimp: Planeta TIC


Este tipo de planetoides pódense facer en Gimp de forma moi sinxela.

Primeiro deberemos partir dunha imaxe panorámica na que aparezan ben definidos o chan e o ceo e a liña do horizonte.

Unha vez axustados detalles como facer que a imaxe encaixe polos extremos mediante o uso do tampón de clonar e o comando Desplazamento (Capa-> Transformar -> Desplazamento)

Procederemos a axustar as dimensións da foto para que sexa cadrada, por exemplo aumentando a altura.

Xiramos 180º a imaxe (Imaxe->Transformar->Rotar 180º)

Aplicamos o filtro de coordenadas polares. (Filtros-> Distorsiones -> Coord. Polares)

Se lle dan os retoques finais, ben recortando a foto ou enchendo o fondo da foto cunha nova imaxe de nubes ou similar.

jueves, 14 de abril de 2011

Notas 2ª Avaliación

Unha vez máis chega o final do trimestre e vos adxunto a calificación obtida de forma numérica a falta de ser axustada.

Unha vez máis síntome decepcionado con vós. Doume conta de que non se merece realizar o menor esforzo por un alumnado que non lee os enunciados das tarefas nin sigue as indicacións dadas de publicación ou entrega, que perde o tempo de clase en tuenti, con xogos ou coa prensa deportiva, que non atende cando se explica como se fan as cousas e todo iso cando hai a sorte de que veña á clase...

Non vou a decir moito máis porque nin siquera estaréi seguro de que o vaiades a ler. Así que premede aquí para ver os vosas puntuacións.

E feliz Semana Santa, juerga e festa, que debe ser o único importante ¿non si?
Pois a pasalo ben, mentras dure.

lunes, 11 de abril de 2011

O Xogo da Semana: Pig Can Fly!

Os porcos poden voar.
Neste novo xogo dinámico tomaremos o control duns máxicos cursores que segundo a cor escollida poderánn mover unha cousa ou outra.

Usa con habilidade as distintas cores para levar ó porco ó seu destino, que por unha vez non vai a ser a cociña.

Atento/a. Poden producirse paradoxas temporais.



jueves, 7 de abril de 2011

Proba, non facer caso.

pracTICa 11: Inkscape

A proposta para o seguinte traballo consiste na realización dunha portada para un traballo de clase (sexa real ou imaxinario) relacionado cos contidos que tendes nas outras asignaturas.

Na portada deberán constar elementos de texto e elementos de gráficos, sendo imprescindible que haxa un título, a mención ó autor ou autora, o curso e a asignatura en cuestión.

Se valorará a composición e a creatividade.

Non vos limitedes a coller un clipart e poñerlle un texto. A imaxe pode ser manipulada máis aló desas combinacións tan elementais, creando marcos, xogando cas cores, degradados, integrando o texto cos elementos gráficos, creando unha especie de imaxe corporativa, etc...

Unha vez feito o traballo, enviaredes o arquivo gardado no formato SVG (Scalable Vector Graphics) á miña conta de correo electrónico da clase, xunto con nome do autor e unha breve explicación do que fixéchedes e por que.

Asemade, tendes que publicar unha entrada no blog que se chame "Traballo co Inkscape: Portada" no que volveres a poñer a explicación do traballo e engadiredes unha imaxe do traballo en formato PNG (Portable Network Graphics), despois de exportala no Inkscape.

Tende moi en conta o uso da cor no traballo.

Maria Claudia Cortés fixo unha animación interactiva en flash moi cuquiña coa que podedes comezar a ver un pouco os diferentes significados que teñen as cores e como unhas son máis adecuadas que outras para según que cousas. Visitádea dende EIQUÍ.

Actualizado: A data de entrega límite será mércores 13 de abril, incluído.