Nesta actividade se vos vai pedir o seguinte.
Tendes que rastrear a Blogosfera para buscar ata tres blogs que vos gusten en deixaredes un enlace a eles no voso Blog persoal da clase, cunha breve descripción dos contidos (baixo o título de "pracTICa 05: Análisis de Blogs" e coa etiqueta "pracTICas").
Logo, o que teredes que facer é publicar no voso Blog unha análise de calidade dun dos Blogs escollidos atendendo ós seguintes elementos :
- Aspecto gráfico do Blog.
- Interfaz, manexo e accesibilidade.
- Calidade dos Contidos.
- Descripción dos recursos ofrecidos.
- Comparación cun medio tradicional da mesma temática (prensa, radio, tv,...)
- Análise da participación dos visitantes.
- Valoración persoal: O que ten o Blog de bo e de malo na vosa opinión razoada.
- Relación co resto da rede (sindicación, integración en redes sociais, etc...)
- Blog de autor o de autoría compartida.
- Moderación dos comentarios.
- Fiabilidade aparente (menciona ás fontes, contrasta os datos,...)
- Gratuíto, de pago ou cunha fórmula mixta.
- E todo o que se vos ocorra.
AVISO: este é un traballo puntuáble. Espero de vos unha implicación maior que o visto ata agora. Lembrade que esta é unha asignatura de Bacharelato, non un pasatempo. Esforzádevos un pouquiño.
Consellos e recomendacións:
Unha análise parte dun principio xeral, que é a observación. Eso implica pasar certo tempo explorando un Blog antes de poder emitir unha crítica razoada.
O criterio "me gusta" e "non me gusta" se basa en xuicios perosais e polo tanto nunca debería ser usado como argumento a menos que se apoie tal decisión cunha serie de elementos críticos.
Pensade no Blog como podería ser unha revista ou un programa de televisión onde un ou varios autores plasman unha serie de entradas, artigos, reflexións, reseñas, etc... De ese xeito... ¿informa adecuadamente?
Os comentarios dos Blogs poden ser moi reveladores e neles ás veces se levan a cabo auténticas batallas dialécticas (Flame Wars) que deixan en panos menores unha pelexa de galos entre un xitano de feira e unha pescantina ;) , a posibilidade de que a xente poida intervir nun debate e opinar fai que ás veces auténticos expertos nesa materia rebatan os contidos do blog ou que problemas políticos ou relixiosos deformen os comentarios. Os usuarios de Blogs, al igual que nos foros, acaban creando misociedades moi estereotipadas onde cada un vai creando un rol. recoméndovos que vos perdades un pouco polos comentarios. E lembrade: "Don't feed the Troll!" (xa vos falarei desto)
miércoles, 10 de noviembre de 2010
lunes, 8 de noviembre de 2010
Qué é un Blog?
Un Weblog ((do inglés web + log (“log” en inglés = diario) )), blog, bitácora (en referencia ós cadernos dos barcos) ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.
Hai algunhas características que son comúns á maioría dos weblogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros weblogs, chamada blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores, etc.
Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos weblogs, son a de permitir trackbacks, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir a subscrición, xeralmente mediante RSS, XML ou Atom, que serve para poder ler os weblogs dende un programa á parte, ou de maneira integrada no navegador.
Tamén se diferencian no seu soporte económico: os sitios de noticias ou xornais dixitais adoitan estar administrados por profesionais, mentres que os weblogs son principalmente persoais e aínda que nalgúns casos poden estar incluídos dentro dun xornal dixital ou ser un blog corporativo, adoitan estar escritos por un autor ou autores determinados que manteñen habitualmente a súa propia identidade. Un aspecto importante dos weblogs é a súa interactividade, especialmente en comparación a páxinas web tradicionais. Dado que se actualizan frecuentemente e permiten aos visitantes responder ás entradas, os blogs funcionan a miúdo como ferramentas sociais, para coñecer a persoas que se dedican a temas similares; co cal en moitas ocasións chegan a ser considerados como unha comunidade
Crear e manter un weblog non é dificil, posto que hoxe en día existe unha grande cantidade de ferramentas gratuitas para levar weblogs. Moitas permiten, sen ter coñecementos técnicos, administrar todo o weblog, escribir, editar e borrar as publicacións, moderar os comentarios dos lectores, etc. As ferramentas máis coñecidas deste tipo son Movable Type, Textpattern e Greymatter. Tamén hai páxinas on-line que permiten facer todo isto sen necesidade de baixar nada. As ferramentas on-line máis coñecidas son Blogger, TypePad e Pitas.
As ferramentas que proporcionan aloxamento gratuíto asignan ao usuario unha dirección web (por exemplo, no caso de Blogger, a dirección asignada termina en "blogspot.com", e provenlle dunha interfaz, a través da cal pode engadir e editar contido. Con todo, a funcionalidade dun blog creado cunha destas ferramentas limítase ao que poida ofrecer o provedor do servizo, ou hosting.
Un software que xestione o contido, en tanto, require necesariamente dun servidor propio para ser instalado, do modo en que se fai nun sitio web tradicional. A súa gran vantaxe é que permite control total sobre a funcionalidade que ofrecerá o blog, permitindo así adaptalo totalmente ás necesidades do sitio, e ata combinalo con outros tipos de contido.
Unha das primeiras páxinas web foi un weblog onde Tim Berners-Lee, un dos pais de internet, publicaba un pequeno comentario das novas páxinas webs que ían aparecendo. Ainda así, non se pode falar de weblogs até o ano 1997, que foi cando Jorn Barger inventou o termo weblog. Coa saída dos novos servizos como Blogger ou Pitas o número de weblogs aumentou moito. Non se sabe con certeza cal é o número total de weblogs existentes, sobre todo a partir dos anos 2002, 2003 e 2004 que foron os anos onde houbo un "estourido" de weblogs. A principio do ano 2004 calculábanse o seu número en máis de 8 millóns.
Algunhas variantes de weblogs son os fotoblogs, onde os webloggers publican imaxes, os vlogs ou videoblogs, onde os webloggers publican vídeos, os audioblogs, onde os webloggers publican gravacións sonoras (ou Podcasts), e os moblogs, onde os webloggers publican dende un teléfono móbil. O autor dun blog pode inclinarse por máis dunha destas variantes.
Os weblogs en galego tiveron o seu auxe no 2004 de onde pasaron de ter só uns 20 weblogs aproximadamente a principios de ano, a ter 300 weblogs aproximadamente a finais de ano. O blogomillo é o termo que engloba ao colectivo de todos os weblogs en galego.
Glosario:
Entrada: entrega, posteo ou asento: a unidade de publicación dunha bitácora. En inglés chámaselle "post" ou "entry".
Borrador: é unha entrada ingresada ao sistema de publicación, pero que aínda non se publicou. Xeralmente óptase por gardar unha entrada como borrador cando se pensa corrixila ou ampliala antes de publicala. En inglés chámaselle "draft".
Fotolog ou fotoblog: unión de foto e blog, blog fotográfico.
Bloguero: escritor de publicacións para formato de blog. É común o uso do termo inglés orixinal: "blogger".
Comentarios: son as entradas que poden facer @s visitantes do blog, onde deixan opinións sobre a nota escrita pol@ autor/a. En inglés chámaselle "comments".
Plantilla: Documento que contén pautas de deseño pre-codificado de uso sinxelo. En inglés chámaselle "template". Estas plantillas, que habitualmente utilizan follas de estilo en cascada -CSS-, poden ser modificadas na maioría dos casos polos propios usuarios e adaptados ás súas necesidades ou gustos.
Bloguear: acción de publicar mensaxes en weblogs.
Blogosfera: conxunto de blogs agrupados por algún criterio específico (localización, temática, idioma). Por exemplo: blogosfera hispana, blogósfera chilena ou a blogosfera política. O termo foi acuñado en 2002 por William Quick.
Blogonimia: Investigación da orixe dos nomes con que os blogueros ou donos das bitácoras bautizaron as súas blogs.
Blogalifóbica: cualificativo que se aplica a aquelas empresas ou organizacións que non aceptan que os seus empregados teñan blogs. Como a palabra indica, sería unha fobia aos blogs. Susténtase no medo a que no blog aparezan informacións que poidan danar a imaxe dunha empresa, ou que prexudiquen aos seus beneficios...
Tumblelog: blog de apuntes, esbozos, citas ou enlaces sen esixencias de edición, nin completitud. Non admiten comentarios, etiquetas ou categorías. Teñen un aire neoweb 1.0.

martes, 2 de noviembre de 2010
O Xogo da Semana: Rescue on Cocoa Farm
Hoxe vai frío, eh?
Nada mellor para loitar contra o frío que unha boa cunca de chocolate quente.
Pois non a imos a ter, pero sí poderemos imaxinala neste xogo rompecabezas no que pulsando co rato sobre as pastillas de chocolate poderemos derritilo para lograr que os nosos animais cheguen a salvo á granxa.
Recollendo as estrelas aumentaremos a nosa puntuación.
¡ A ver a onde conseguides chegar!

martes, 26 de octubre de 2010
pracTICa 04: realización dunha presentación en Google Docs
A seguinte actividade será a realización dunha presentación de diapositivas (por exemplo usando Presentation de Google Docs.
A presentación deberá ter ó redor de 10 diapositivas (número mínimo), nas que contaremos tanto con imaxes como con textos (obligatoriamente en cada diapositiva). Por suposto, é interesante que se faga un pouco de investigación previa sobre o tema, non ab(usar) do copiar e pegar, e ter en conta as condicións de utilización de fotos con copyright.
Os temas sobre os que facer a presentación son os que queiramos, áreas de interese de cada un de nós.
Aquí van algúns exemplos para os faltos de ideas:
- Explicar os pasos que hai que facer para abrir unha conta de correo electrónico.
- A biografía dunha personaxe famosa.
- Contar un conto, chiste ou fábula.
- Explicar as normas ou curiosidades do noso deporte favorito.
- Explicar unha lección dunha materia que vos guste especialmente.
Tendes dúas direccións de internet (aparte das librerías propias de google docs) en donde atopar innumerables exemplos de presentacións. Atópanse de cando en cando documentos realmente interesantes.
Presentación en PowerPoint
Presentacións en Slideshare

Aplicacións: Suites Informáticas Online
Ademais de instalar programas no ordenador, tamñén podemos utilizar aplicacións remotas, é dicir, que non están instaladas no ordenador e ás cales accedemos a través dun sistema telemático como por exemplo a rede.
Tal xeito de actuar parece ser que é o camiño ó que apunta actualmente o mercado, a deslocalización da información e a súa colocación no que se ven chamando "a nube".
Velaquí algúns exemplos de suites ofimáticas ás que se pode acceder de forma remota.
_____________________________________________________________________
GOFFICE é un procesador de palabras extremadamente sinxelo e doado de usar. Ideal para edicións de textos rápidas que dou un pouco desfasado coa chegada de suites máis complexas.
____________________________________________________________________
Google Docs é útil para a creación de texto, follas de cálculo e presentacións directamente en Internet sen necesidade de programas instalados no noso PC (como o Word, Excel ou PowerPoint). Os documentos estarán sempre dispoñibles na Internet para o seu uso en calquera ordenador.
Google ofrece Google Docs, unha aplicación online gratuíta que permite crear e editar documentos de texto (tipo Word), folla de cálculo (tipo Excel) e presentacións (PowerPoint) dende calquera ordenador conectado á rede. Google Docs rapidamente liderou este sector de aplicacións.
Google Docs permítenos traballar tanto con novos documentos como ficheiros xa existentes. Os arquivos creados quedan gardados na internet para seguir traballando con eles ou consultalos cando queira, tamén pode ser descargados a calquera ordenador en diversos formatos (Word e PDF, entre outros).
Ademais, permitir a outros usuarios ler ou participar na elaboración do documento, o que facilita o traballo colaborativo sen ter que enviar arquivos vía correo electrónico e saber que temos sempre a última versión de cada documento.
Para utilizar Google Docs tes que ser usuario de Google. Darse de alta é gratuíto.
Os documentos que creamos en Google Docs se poden organizar en carpetas diferentes. Temos tamén un motor de busca para localizar rapidamente calquera documento que conteña a información que está a procurar.
Despois de abrir o documento, podemos ir traballar con el dun xeito moi semellante ao que facemos cos programas Word, Excel ou PowerPoint. Se precisa de outras persoas para traballar sobre este documento, nós só temos que compartir con eles. Para isto, escriba o seu enderezo de e-mail para convida-los a participar, o que poden facer coma colaboradores (con permiso para editar os documentos), ou simplemente como lectores.
Se estás interesado, Google Docs permite a publicación directa na internet do documento que creamos. Google Docs ofrece a posibilidade de publicar no seu propio servizo (proporciona un enderezo para que poidamos compartir con outros usuarios) ou no noso blog.
Tamén podemos traballar con documentos creados e que temos no noso equipo. Neste caso, Google Docs permite subida de arquivos de texto de ata 500 KB (creado co Word ou StarOffice), presentacións de PowerPoint ata 10 MB e follas de cálculo (ficheiros de Microsoft Excel ou dentro CSV,. Ods ) a un máximo de 1 MB.
Outra opción ofrecida por Google Docs para crear un novo documento é enviar un correo electrónico a un enderezo proporcionado polo equipo de implementación.
Google Docs garda automaticamente cada poucos segundos, os documentos creados polos usuarios. Gracias a isto non tería que preocuparnos perder información.
Idiomas: entre outros, o servizo está dispoñible en español e inglés.
______________________________________________________________
Buzzword
Buzzword, é a proposta de Adobe na área de procesadores de texto online. Tenta ser moi intuitivo e doado de usar.
No campo dos procesadores de texto, o Buzzword foi un paso máis aló para ofrecer aos usuarios unha ferramenta que trata de ser moi amigable.
Buzzword funciona en Flash (como por exemplo o editor de fotos Picnik), o que permite traballar dunha forma moi visual.
Buzzword traballa coas utilidades básicas que acostuman utilizar un procesador de texto. Así, podemos crear e editar ou cambiar a fonte, parágrafos, listas, imaxes, táboas e comentarios. A aparencia do documento é o mesmo que se o imprimísemos.
Os documentos creados con Buzzword pódense compartir con outros. Todos os usuarios autorizados poden acceder a eles dende calquera ordenador conectado a Internet.
Esta aplicación pertence á empresa de software Adobe, que tamén ten programas tan coñecidos como o Flash, Photoshop e Acrobat. Na súa fase inicial de lanzamento, a aplicación é subministrada de xeito gratuíto.

Zoho
Zoho é a principal alternativa a Google Docs no dominio de aplicacións de oficina online.
Zoho é un sitio web que ofrece unha longa lista de aplicacións online gratuitas entre os que están os seguintes:
- Zoho Writer (a creación de documentos de texto)
- Zoho Sheet (follas de cálculo)
- Zoho Show (presentacións)
- Zoho Meeting (conferencia na Web)
- Zoho Notebook (bloc de notas)
- Zoho Creator (creador de aplicacións web)
- Zoho Planner (ferramenta de organización)
- Zoho Chat (mensaxería instantánea)
- Zoho Wiki (creación de wikis públicos ou privados)
Estas aplicacións gratuítas teñen como complementarias outras que xa son de pago, como Zoho DB & Reports (base de datos en liña), Zoho Mail (para grupos de traballo) ou Zoho Proxectos (Project Management), entre outros.
Conceptualmente, a operación é moi semellante ó Google Docs, pero ofrecendo Zoho un espectro máis amplo.
________________________________________________________
ThinkFree
Unha mágoa que non esté traducido este paquete de aplicacións, sobre todo pola cantidade de documentos que posúe a súa comunidade.
Tamén permite compartir e todas esas cousas.

Aplicacións: Suites Informáticas
As Suites Ofimáticas son conxuntos de aplicacións interrelacionadas que están deseñadas para cubrir as necesidades básicas dunha oficina.
Normalmente compóñense dun procesador de palabras, unha folla de cálculo, unha base de datos, un xestor de correo electrónico e unha ferramenta para presentacións, aínda que o número e utilidade das diferentes aplicacións poder variar segundo a suite.
A máis popular e estendida é Microsoft Office, que case que se podería considerar como o estándar de referencia. É de pago e ten diferentes versións, os documentos xerados coas últimas edicións non poden ser interpretados polos programas máis antigos a menos que se creen os documentos no formato previo, polo que a política de Microsoft consiste en obrigar aos usuarios a actualizar o produto co custo engadido que iso supón.
Unha alternativa gratuíta é a Open Office, unha suite inspirada na de Microsoft, pero gratuíta e de código aberto.
Tamén é gratuíta, software libre e de código aberto a KOffice, deseñada especialmente para o entorno KDE de Linux.
Actualmente xorden novas propostas cada pouco tempo, de todo tipo e calidade, de pago e libre, sendo especialmente interesantes as aplicacións remotas, isto é, ás que se accede mediante internet sen necesidade de instalación física. Pero iso o veremos no seguinte tema.

miércoles, 20 de octubre de 2010
O Xogo da Semana: Castle Destroyer.
Unha nova semana máis imos dispoñer dun tempo de ocio para agudizar as neuronas, que falta nos fai.
Neste caso, trátase dun xogo dos que se chaman de "deconstrucción", no que trazaremos co cursor unha línea que pode cortar os bloques presentes en cada nivel, de xeito que consigamos que a construcción se derrumbe por debaixo da líña horizontal marcada.
Dependendo do nivel poderemos utilizar un corte ou máis.
A ver quen e quen de completalo ¡Eu xa o fixen!
Veña, a darlle ó Castle Destroyer

Suscribirse a:
Entradas (Atom)