martes, 2 de noviembre de 2010

O Xogo da Semana: Rescue on Cocoa Farm

Hoxe vai frío, eh?

Nada mellor para loitar contra o frío que unha boa cunca de chocolate quente.
Pois non a imos a ter, pero sí poderemos imaxinala neste xogo rompecabezas no que pulsando co rato sobre as pastillas de chocolate poderemos derritilo para lograr que os nosos animais cheguen a salvo á granxa.

Recollendo as estrelas aumentaremos a nosa puntuación.

¡ A ver a onde conseguides chegar!