jueves, 3 de febrero de 2011

O Xogo da Semana: Mooo

Ola de novo, benvidos á máis dicharacheira sección do Blog de Tic.

Nesta ocasión teremos de novo que poñernos na pele dunha simpática e oronda rumiante, unha vaca leiteira que se chama MOOO.

A súa misión será tocar a botella de cristal para que se encha de leite (un novo exemplo da explotación animal por parte dos humáns)

A vaca manéxase usando os cursores ou ben as letras A e D para ir de esquerda a dereita, e pinchando co rato poderemos facer desaparecer os bloques verdes.

Hai que ter coidado coas bombas e con non sair fora da pantalla.

Sorte e a pola leite. Para xogar preme MOOO