lunes, 17 de enero de 2011

PraTICa 08: Traballo na Wikipedia.

Ola alumn@s. Voltamos do Nadal con ánimos renovados e as baterías cargadas.

O seguinte traballo consiste en realizar unha colaboración orixinal na Wikipedia, ben sexa na súa versión en castelán como en galego.

¿Como podedes colaborar?

- Creando dende cero un artigo novo.
- Engadindo ou correxindo datos, unha vez contrastados, nun artigo xa existente.
- Traducindo un artigo dun idioma a outro. (Ollo, traduccións manuais, non usando traductores automáticos, cousa penalizada pola Wikipedia)
- Creando contidos multimedia propios (imaxes, sons,...) e cedelos á Wikipedia.

Valorarase a calidade e cantidade de colaboracións, pero sobre todo a calidade.

Os contidos deben de ser orixinais, non copiados doutras webs, nin sequera "anacos".

A temporalización do traballo é a seguinte:
- Luns 17. Tendes que decidir que tipo de colaboracións e en cales temas ides a traballar.
- Martes 18, Mércores 19, Xoves 20 (engadido como día adicional por mor da excursión do martes). Fase de redacción e elaboración de datos. Podedes irme amosando o que ides a facer.
- Luns 24. Publicación dos contidos na Wikipedia. Data final para a entrega do traballo.

Os traballos fora de plazo non serán admitidos.

Lembrade que tendes que facer unha conta de Wikipedia na casa, tarefa que xa tiñades que ter feito.

Tendes que escribir nos comentarios neste tema de TICBarraña o voso nome e o tema escollido no momento que vos decidades.

Postadata: Un consello. Non traballedes directamente na Wikipedia antes da publicación. O ideal é que redactedes un borrador usando Google Docs... e xa se pasará á Wikipedia o Luns. Dádevos conta de que a Wikipedia usa unha especie de linguaxe de programación algo confuso.

 NOTA: Deberedes publicar no voso Blog os contidos que creedes para a Wikipedia cun enlace ó documento ou documentos en cuestión e o nome da conta de Wikipedia empregada. Non é necesario envialo ó correo da clase nin compartilo.