miércoles, 1 de diciembre de 2010

O xogo da Semana: Freaky Cows

Ben, rapaces.

¿Rematachedes xa todas as pracTICas? ¿Tendes o Blog a punto e con todas as tarefas publicadas?

Se é así. E só se é así, difrutade (con moderación) do xogo da semana.

Vacas. Bos taurus.

Simpáticas rumiantes xeradoras de leite. Marela, Pinta, Suiza,... todos escoitamos os seus muxidos mentres pastan nun prado.


Hai vacas tolas,...










vacas de Milka...












e vacas que ríen...











todo tipo de vacas, en suma...




e agora chega o turno das Freaky Cows!!!!








Terás que axudar ás vacas a non afogarse, posándoas sobre madeiros o u táboas ata colocar todas as vacas do nivel.
Ten coidado porque os bois son máis pesados.
E que onde se viu unha vaca submarina?
Salva ás pobriñas e boi sorte, digo boa sorte.




pracTICa 07: Google Earth y Maps

Imos a seguir facendo prácticas coas funcionalidades destos programas.

Supoño que explorádeches os enlaces da entrada anterior. Pois ben, agora é o voso momento.

Tendes que colgar no Blog dúas fotos (o máis) dalgunhas curiosidades capturadas no modo Street View. Para elo podedes usar información collida de internet.

Unha vez feito iso tendes que crear un formulario entre toda a clase (jajaja, a ver como vos poñedes de acordo) no que se poida votar a mellor foto de todas. E facer a votación, publicando no blog os resultados en porcentaxes.

Para esta última actividade do formulario teredes que traballar toda a clase en equipo, usando as ferramentas de compartir de Google Docs.

martes, 30 de noviembre de 2010

Curiosidades en torno a Maps, Earth e Street View

Os mapas geolocalizados de Google teñen miga.

Observa estos enlaces relacionados e observa a cantidade de contidos que existen en torno a estas fabulosas aplicacións.

As fotos máis divertidas no Google Street View 





















GOOGLE EARTH

A este marabilloso programa se lle poden atopar máis funcionalidades das imaxinables.

Aquí hai un Blog que comenta as aplicacións desta ferramenta de vista aérea.

Este Blog está especializado en viaxes usando Google Earth. Nel poderemos encontrar arquivos KML para incorporar ós nosos Goglle Earth e poder ver as traxectorias dos avións comerciais en tempo real (atrasos incluidos), ou como marcar as rutas que facemos nun mapa, por exemplo.


Blogs con contidos educativos relacionados, dende xeografía a astronomía.

Este Blog comenta curiosidades e innovacións destas ferramentas.

Pilota un F1 en Google Earth.

Un curioso vídeo no que se amosa unha especie de película usando o Google Earth e os modelos creados con Gooogle SketchUp.


Visualizar o mapa ampliado