jueves, 7 de abril de 2011

Proba, non facer caso.

pracTICa 11: Inkscape

A proposta para o seguinte traballo consiste na realización dunha portada para un traballo de clase (sexa real ou imaxinario) relacionado cos contidos que tendes nas outras asignaturas.

Na portada deberán constar elementos de texto e elementos de gráficos, sendo imprescindible que haxa un título, a mención ó autor ou autora, o curso e a asignatura en cuestión.

Se valorará a composición e a creatividade.

Non vos limitedes a coller un clipart e poñerlle un texto. A imaxe pode ser manipulada máis aló desas combinacións tan elementais, creando marcos, xogando cas cores, degradados, integrando o texto cos elementos gráficos, creando unha especie de imaxe corporativa, etc...

Unha vez feito o traballo, enviaredes o arquivo gardado no formato SVG (Scalable Vector Graphics) á miña conta de correo electrónico da clase, xunto con nome do autor e unha breve explicación do que fixéchedes e por que.

Asemade, tendes que publicar unha entrada no blog que se chame "Traballo co Inkscape: Portada" no que volveres a poñer a explicación do traballo e engadiredes unha imaxe do traballo en formato PNG (Portable Network Graphics), despois de exportala no Inkscape.

Tende moi en conta o uso da cor no traballo.

Maria Claudia Cortés fixo unha animación interactiva en flash moi cuquiña coa que podedes comezar a ver un pouco os diferentes significados que teñen as cores e como unhas son máis adecuadas que outras para según que cousas. Visitádea dende EIQUÍ.

Actualizado: A data de entrega límite será mércores 13 de abril, incluído.

Sistemas de almacenamento remoto

Hoxe en día, coa multiplicación de medios informáticos como textos, música, arquivos,... somos todos conscientes da necesidade de espazos de almacenamento onde gardar a nosa información.

Sempre poderemos contar cos medios físicos tradicionais,... disquetes, pendrives, etc...e tamén comeza a xurdir a posibilidade de gardar os nosos datos na nube, o que se chama cloud storage.

As empresas, sabedoras delo, ofrécennos diferentes opcións e modalidades, dende servicios gratuítos con limitacións a servicios completos de pago con transferencia en protocolos FTP.

Un dos servizos que poderemos usar é BOX