Esta semana imos xogar co GoAnimate, un servicio web que nos permitirá facer debuxos animados nun periquete, e incluso tunear a unha personaxe para que se pareza a nós.
Ainda que está en inglés, é moi intuitivo e visual, en ten moreas de opcións.
Os resultados pódense publicar na rede ou directamente nalgúns dos máis populares servizos de comunidade, como Facebook e similares.
Hay que rexistrarse para poder utilzalo, o que requerirá que usedes a conta de correo electrónico que creádeches para a asignatura en gmail.
Accedede dende eiquí: GoAnimate
Podedes atopar máis información sobre a aplicación e tutoriais na rede tecleando "goanimate" no teu buscador favorito.
GoAnimate.com: Presentación by Pascual
Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!
A tarefa.
O que tendes que facer é redactar un traballo para unha das asignaturas que cursades, utilizando en vez da narrativa habitual unha animación feita co GoAnimate.
Por exemplo, en Economía podedes explicar os dereitos do traballador, ou en Música a vida de tal compositor, ou os pasos que ten unha sinfonía, ou en Grego podedes falar das declinacións,etc... as posibilidades son infinitas.
Antes de acometer o proxecto, tendes que explicarme o que queredes facer para ver se é viable. Lembrade que se trata dun traballo de primeiro de bacharelato, circunscrito ó contexto do instituto, polo que deberedes coidar tanto a linguaxe empregada (palabrotas non) como a ortografía.
Ah, sería interesante que o traballo sexa visto tamén polo profesor encargado da asignatura en cuestión. O ideal sería que fose por si mesmo un traballo como calquera outro que facedes a cotío, puntuable e todo iso,... pero supoño que moitos profesores non están preparados aínda para o multimedia, ainda que quizá nos sorprendería.
Por último, insistir en que coidedes a calidade do traballo, sen copias descaradas da primeira referencia que atopades no google, e coa suficiente profundidade para que non pense que en realidade isto é 5ª da ESO.
Veña, sorprendédeme. Adiante coa creatividade ;)
10 comentarios:
hola
vou facer unha explicación a un alumno da asignatura de castelán
o meu traballo e sobre a economía sumergida
eu vouno facer sobre unha lección de historia. O que pasou a partires da seunda revolucion industrial.
Eu vou explicar algunhas técnicas de pintura.
O meu traballo vai ser sobre un tema de economía.
o meu traballo trata dunha clase de educacion fisica
O meu traballo vai sobre as células nai, e as súas utilidades.
No meu traballo contarei a historia do mito griego de Apolo e Dafne.
O meu traballo é unha conversacion entre un rapaz e unha rapaza
Publicar un comentario