A data límite de entrega dos traballos será o 16 de Xuño do 2011. Lembrade que podedes entregar antes desa data.
Ola rapazada!
Imos a ir organizándonos para que teñades todas as actividades feitas de cara á avaliación do terceiro trimestre.
Cousas que cada alumno ten que ter feitas para avaliar positivamente:
PracTICas GIMP:
Xa practicáchedes con este programa, agora é o momento de ver o que podedes facer con él. Nun tema chamado pracTICas Gimp: Traballos Finais teredes que publicar unha serie de exercicios e as imaxes orixinais usadas para elo. Os traballos teñen que ser novos e propios, non valen os que fixemos de práctica, e teñen que estar todos nun único tema. O que teredes que facer é...
- Un planetoide co filtro de coordenadas polares.
- Unha falsa miniatura o Fake Tilt Shift.
- Un retrato co efecto Dragan.
- Unha imaxe con desaturado selectivo de cores.
- Unha imaxe de clons, preferiblemente con fotos de vós mesmos.
- Unha imaxe coa técnica do Ligtpainting.
- Un retrato con textura.
Exame de Gimp:
A xente que o teña suspenso ou non feito terá a súa oportunidade para realizalo o dia16 de Xuño en horas de clase.
PrácTICas Audacity:
- Os tres arquivos sonoros teredes que envialos ó meu email da clase explicando que é cada son. A data límite para a entrega será o día 16 de Xuño.
2 comentarios:
Por min o examen o 15
e os traballos a partir de ahí
por min o exame o día 16 e os traballos entregalos tamén a partir de aí ata antes da avaliacion...
Publicar un comentario