lunes, 21 de marzo de 2011

O Xogo da Semana: Sugar, sugar

Rematado xa o traballo co Goanimate imos a relaxarnos acometendo con valentía a tarefa de disfrutar do xogo da semana.

Nesta ocasión presentamos SUGAR, SUGAR, un xogo baseado no uso de física de dinámicas e de partículas no que poderemos debuxar co rato unha serie de liñas sobre as que resbalarán centos de grans de azucar que caen da punta da coma que separa al letras "Sugar, sugar" (azucar).

A nosa misión será levar os grans de azucar ata as tazas, que se irán enchendo a medida que diminúa o seu número (a relación de grans que absorbeu). Tamén poderemos colorealos facendoos atravesar unhas barreiras de enerxía.

Este xogo require certa paciencia e habilidade de planificación.

Adiante. ¿Queres unha taza de azucar?

miércoles, 16 de marzo de 2011

Páxina sobre terremotos do CSIC

O CSIC, (Consello Superior de Investigacións Científicas), pon a disposición do público unha páxina que fala sobre os terremotos, incluíndo un simulador de danos nunha cidade.

Este tipo de páxinas didácticas e interactivas proliferan cada vez máis dentro do contexto educativo, pois unen un compoñente lúdico ás fontes de infomación, neste mundo que cada vez lee menos.

Dende a asignatura, sumámonos ás condolencias ó pobo xaponés despóis do terríble suceso que actualmente ten baixo alarma nuclear ó Páis do Sol Nacente.

Accede ó contido dende AQUÍ

miércoles, 16 de febrero de 2011

Marketing Viral en "Gran Hermano"?

Recentemente saltou á rede un episodio de ¿galegofobia? vivido no reality show por excelencia, o "Gran Hermano" de Endemol e T5, que é considerado por dito colectivo como Publicidade Viral dentro dun discurso antigaleguista (máis ou menos), en clave de humor ó observar abraiados as declaracións da coruñesa.

Galeleaks (versión humorísticogaleguista de wikileaks) faise eco deste evento. Para acceder pulsa AQUÍ.





Máis exemplos de Publicidade Viral, AQUÍ. E un estudio ó respecto AQUÍ.

Por suposto, non se trata realmente de marketing viral, senón a opinión (equivocada, poor certo) da concursante. Pero o colectivo galeguista, abraiado ante as declaracións da galega, xogan coa retranca de decir que soamente tales barbaridades poden ser froito dos colectivos castelanistas.

Exemplos de animacións feitas co GoAnimate

GoAnimate.com: Ryu va a la sauna by Pascual

Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!

martes, 15 de febrero de 2011

Anímate con Goanimate

Esta semana imos xogar co GoAnimate, un servicio web que nos permitirá facer debuxos animados nun periquete, e incluso tunear a unha personaxe para que se pareza a nós.
Ainda que está en inglés, é moi intuitivo e visual, en ten moreas de opcións.

Os resultados pódense publicar na rede ou directamente nalgúns dos máis populares servizos de comunidade, como Facebook e similares.

Hay que rexistrarse para poder utilzalo, o que requerirá que usedes a conta de correo electrónico que creádeches para a asignatura en gmail.

Accedede dende eiquí: GoAnimate

Podedes atopar máis información sobre a aplicación e tutoriais na rede tecleando "goanimate" no teu buscador favorito.

GoAnimate.com: Presentación by Pascual

Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!

A tarefa.

O que tendes que facer é redactar un traballo para unha das asignaturas que cursades, utilizando en vez da narrativa habitual unha animación feita co GoAnimate.

Por exemplo, en Economía podedes explicar os dereitos do traballador, ou en Música a vida de tal compositor, ou os pasos que ten unha sinfonía, ou en Grego podedes falar das declinacións,etc... as posibilidades son infinitas.

Antes de acometer o proxecto, tendes que explicarme o que queredes facer para ver se é viable. Lembrade que se trata dun traballo de primeiro de bacharelato, circunscrito ó contexto do instituto, polo que deberedes coidar tanto a linguaxe empregada (palabrotas non) como a ortografía.

Ah, sería interesante que o traballo sexa visto tamén polo profesor encargado da asignatura en cuestión. O ideal sería que fose por si mesmo un traballo como calquera outro que facedes a cotío, puntuable e todo iso,... pero supoño que moitos profesores non están preparados aínda para o multimedia, ainda que quizá nos sorprendería.

Por último, insistir en que coidedes a calidade do traballo, sen copias descaradas da primeira referencia que atopades no google, e coa suficiente profundidade para que non pense que en realidade isto é 5ª da ESO.

Veña, sorprendédeme. Adiante coa creatividade ;)

jueves, 10 de febrero de 2011

O Xogo da Semana: Soccer Ball

Nesta semana imos a disfrutar doutro novo xogo de dinámicas, ambientado nesta ocasión en torno ó Deporte Rei.

Usa as traxectorias do esférico para golpear ó árbitro ou para pasar a pelota a un compañeiro. Tenta de non perder o balón, nin que saia da pantalla ou caia nos pinchos ou similar.

Cada nivel poder gañar ningunha, unha, dúas ou tres estrelas de ouro. A ver quen o fai mellor.

Xoga pulsando aquí:

miércoles, 9 de febrero de 2011

pracTICa 10: Xtranormal.

Nesta nova pracTICa a vosa tarefa será utilizar o programa online Xtranormal para xerar unha breve animación que poderedes usar para expresar algún destos contidos:

- Relatar unha lección dalgunha asignatura da vosa clase.
- Falar dunha afición ou personaxe que vos guste.
- Contar unha fábula, parodia, relato corto, monologo ou chiste.
- Expresar unha opinión ou ideal.
- Etc

Pensade que unha vez máis teño que insistir en que sexades coidadosos e que fagades o traballo con interés e con mimo, tal como corresponde ó alumnado do bacharelato, non de 5º da ESO.

Como os monecos falan, tende especial coidado en engadir pausas entre frases ou de momdo que resalten unha verba dada.