Nesta actividade se vos vai pedir o seguinte.
Tendes que rastrear a Blogosfera para buscar ata tres blogs que vos gusten en deixaredes un enlace a eles no voso Blog persoal da clase, cunha breve descripción dos contidos (baixo o título de "pracTICa 05: Análisis de Blogs" e coa etiqueta "pracTICas").
Logo, o que teredes que facer é publicar no voso Blog unha análise de calidade dun dos Blogs escollidos atendendo ós seguintes elementos :
- Aspecto gráfico do Blog.
- Interfaz, manexo e accesibilidade.
- Calidade dos Contidos.
- Descripción dos recursos ofrecidos.
- Comparación cun medio tradicional da mesma temática (prensa, radio, tv,...)
- Análise da participación dos visitantes.
- Valoración persoal: O que ten o Blog de bo e de malo na vosa opinión razoada.
- Relación co resto da rede (sindicación, integración en redes sociais, etc...)
- Blog de autor o de autoría compartida.
- Moderación dos comentarios.
- Fiabilidade aparente (menciona ás fontes, contrasta os datos,...)
- Gratuíto, de pago ou cunha fórmula mixta.
- E todo o que se vos ocorra.
AVISO: este é un traballo puntuáble. Espero de vos unha implicación maior que o visto ata agora. Lembrade que esta é unha asignatura de Bacharelato, non un pasatempo. Esforzádevos un pouquiño.
Consellos e recomendacións:
Unha análise parte dun principio xeral, que é a observación. Eso implica pasar certo tempo explorando un Blog antes de poder emitir unha crítica razoada.
O criterio "me gusta" e "non me gusta" se basa en xuicios perosais e polo tanto nunca debería ser usado como argumento a menos que se apoie tal decisión cunha serie de elementos críticos.
Pensade no Blog como podería ser unha revista ou un programa de televisión onde un ou varios autores plasman unha serie de entradas, artigos, reflexións, reseñas, etc... De ese xeito... ¿informa adecuadamente?
Os comentarios dos Blogs poden ser moi reveladores e neles ás veces se levan a cabo auténticas batallas dialécticas (Flame Wars) que deixan en panos menores unha pelexa de galos entre un xitano de feira e unha pescantina ;) , a posibilidade de que a xente poida intervir nun debate e opinar fai que ás veces auténticos expertos nesa materia rebatan os contidos do blog ou que problemas políticos ou relixiosos deformen os comentarios. Os usuarios de Blogs, al igual que nos foros, acaban creando misociedades moi estereotipadas onde cada un vai creando un rol. recoméndovos que vos perdades un pouco polos comentarios. E lembrade: "Don't feed the Troll!" (xa vos falarei desto)
No hay comentarios:
Publicar un comentario