A WIKIPEDIA
A Wikipedia é unha enciclopedia de contido libre. Está escrita en colaboración con moitos usuarios grazas a que esta páxina web é un Wiki, isto significa que calquera pode editala, ti incluído/a.
A Wikipedia comezou o 15 de xaneiro de 2001 coa versión inglesa. A Galipedia comezou a funcionar o 8 de marzo de 2003, agora mesmo hai 46.042 artigos creados. Ti podes axudar a que medre a Galipedia.
Todo o contido da Wikipedia está cuberto pola Licenza de Documentación Libre GNU. Os creadores fican sen a propiedade das súas contribucións, e a licenza copyleft asegura que as contribucións sempre estarán dispoñíbeis para a distribución e reprodución libre.
Outras linguas
A Wikipedia tamén existe en castelán e portugués. Hai igualmente versións da Wikipedia nas seguintes linguas:Wikipedias con máis de 2.000.000 artigos: Inglés
Wikipedias con máis de 150.000 artigos: Alemán · Francés · Polaco · Xaponés · Italiano · Neerlandés · Portugués · Castelán · Sueco · Ruso · Chinés · Finlandés
Wikipedias con máis de 25.000 artigos: Turco · Esperanto · Eslovaco · Checo · Catalán · Romanés · Ucraíno · Húngaro · Danés · Indonesio · Hebreo · Lombardo · Lituano · Esloveno · Serbio · Volapük · Búlgaro · Coreano · Estoniano · Árabe · Telugu · Croata · Cebuano · Nepal Bhasa · Galego · Grego · Tai · Noruegués (Nynorsk)
Wikipedias con máis de 15.000 artigos: Persa · Vietnamita · Malaio · Bishnupriya Manipuri · Bosnio · Basco · Inglés sinxelo · Islandés · Luxemburgués · Albanés · Xeorxiano · Bengalí · Azerí · Bretón · Ido____________________________________________________________________
Galipedia
A Galipedia é o nome co que se coñece a Wikipedia en galego. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 44.961 artigos. Para unha relación dos acontecementos que foron sucedendo nesta Galipedia véxase: Wikipedia:Actualidade; para as estatísticas véxase: Especial:Statistics ou Wikipedia:Estatísticas.A idea da Galipedia é a de ter, en galego, unha enciclopedia colaborativa coa que afondar no coñecemento. Para o mesmo, a Galipedia:
- Está aberta á colaboración de todo o mundo.
- Está aberta ás diversas correntes de pensamento, sempre que non sexan agresivas coas demais.
- Está aberta a todos os temas.
- Está sendo renovada constantemente.
- Está en continuo crecemento.
- Está en contacto coas outras wikipedias para mellorar dun xeito continuo.
- Está aberta ao uso por calquera persoa que dispoña de acceso a internet, nas condicións de uso da GNU Free Documentation License.
No hay comentarios:
Publicar un comentario