miércoles, 9 de febrero de 2011

pracTICa 10: Xtranormal.

Nesta nova pracTICa a vosa tarefa será utilizar o programa online Xtranormal para xerar unha breve animación que poderedes usar para expresar algún destos contidos:

- Relatar unha lección dalgunha asignatura da vosa clase.
- Falar dunha afición ou personaxe que vos guste.
- Contar unha fábula, parodia, relato corto, monologo ou chiste.
- Expresar unha opinión ou ideal.
- Etc

Pensade que unha vez máis teño que insistir en que sexades coidadosos e que fagades o traballo con interés e con mimo, tal como corresponde ó alumnado do bacharelato, non de 5º da ESO.

Como os monecos falan, tende especial coidado en engadir pausas entre frases ou de momdo que resalten unha verba dada.

No hay comentarios: