As Suites Ofimáticas son conxuntos de aplicacións interrelacionadas que están deseñadas para cubrir as necesidades básicas dunha oficina.
Normalmente compóñense dun procesador de palabras, unha folla de cálculo, unha base de datos, un xestor de correo electrónico e unha ferramenta para presentacións, aínda que o número e utilidade das diferentes aplicacións poder variar segundo a suite.
A máis popular e estendida é Microsoft Office, que case que se podería considerar como o estándar de referencia. É de pago e ten diferentes versións, os documentos xerados coas últimas edicións non poden ser interpretados polos programas máis antigos a menos que se creen os documentos no formato previo, polo que a política de Microsoft consiste en obrigar aos usuarios a actualizar o produto co custo engadido que iso supón.
Unha alternativa gratuíta é a Open Office, unha suite inspirada na de Microsoft, pero gratuíta e de código aberto.
Tamén é gratuíta, software libre e de código aberto a KOffice, deseñada especialmente para o entorno KDE de Linux.
Actualmente xorden novas propostas cada pouco tempo, de todo tipo e calidade, de pago e libre, sendo especialmente interesantes as aplicacións remotas, isto é, ás que se accede mediante internet sen necesidade de instalación física. Pero iso o veremos no seguinte tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario