martes, 26 de octubre de 2010

pracTICa 04: realización dunha presentación en Google Docs

A seguinte actividade será a realización dunha presentación de diapositivas (por exemplo usando Presentation de Google Docs.

A presentación deberá ter ó redor de 10 diapositivas (número mínimo), nas que contaremos tanto con imaxes como con textos (obligatoriamente en cada diapositiva). Por suposto, é interesante que se faga un pouco de investigación previa sobre o tema, non ab(usar) do copiar e pegar, e ter en conta as condicións de utilización de fotos con copyright.

Os temas sobre os que facer a presentación son os que queiramos, áreas de interese de cada un de nós.
Aquí van algúns exemplos para os faltos de ideas:

- Explicar os pasos que hai que facer para abrir unha conta de correo electrónico.

- A biografía dunha personaxe famosa.

- Contar un conto, chiste ou fábula.

- Explicar as normas ou curiosidades do noso deporte favorito.


- Explicar unha lección dunha materia que vos guste especialmente.

Tendes dúas direccións de internet (aparte das librerías propias de google docs) en donde atopar innumerables exemplos de presentacións. Atópanse de cando en cando documentos realmente interesantes.

Presentación en PowerPoint

Presentacións en Slideshare

No hay comentarios: